miércoles, 19 de febrero de 2014

A importancia da publicidade para as empresas



Ter un bo anuncio é importante para as empresas, xa que se dan unha boa imaxe atraerá clientes o cal levará a ter maiores ingresos. Un bo anuncio ten que ter un slogan claro e pegadizo, non moi longo e ten que estar ben presentado.

Un exemplo:

Neste anuncio trátase de sensibilizar aos cidadáns de que se fan exercicio poden tomar Coca-Cola, dirixíndose así á poboación que ten sobrepeso e á poboación que tende a ser sedentaria, atraéndoa co slogan "El ascensor que cambia las estadísticas". 
Este anuncio ten unha melodía de fondo para facelo máis ameno. Cando se abre o ascensor óese un platillo e párase a música ata que se descobre o que hai tras a porta e se ve a reacción da xente. Entón empeza unha música máis alegre que a do principio, que era de suspense.
A reacción en xeral é de sorpresa, pero a maioria ve as escaleiras e sorpréndese e súbeas a desgana, pero os rapaces pequenos tómano como un xogo e súbenas felices e correndo.
No anuncio os rótulos do comezo son frases curtas con letras grandes e brancas sobre un fondo negro que recollen as porcentaxes de sobrepeso. Ao final, nas escaleiras as letras son brancas sobre un fondo vermello, coma o logo de Coca-Cola.



No hay comentarios:

Publicar un comentario