miércoles, 15 de enero de 2014

Kinky Boots - Pisando Fuerte

Ficha técnica:  

Titulo orixinal: Kinky Boots.
Ano: 2005.
Duración: 105 minutos.
País: Reino Unido.
Guión: Geoff Deane, Tim Firth.
Productora: Coprodución GB - USA; Distribuida por Miramax Films.
Xénero: Comedia. Traballo empleo.
Personaxes principais: Charlie Price (Joel Egerton), Lola (Chiwetel Ejior), Melanie (Linda Basset), Don (Nick Frost). 
     













Sinopse: Despois de que morrera seu pai, Charlie Price, viuse obrigado a continuar coa empresa familiar que herdara. Tratábase dunha fábrica de zapatos convencionais "Price and Sons". Charlie dase de conta de que o seu negocio vai a pique e informa aos seus traballadores do estado de ésta, aos cales acaba despedindo, e todos reacionan mal excepto Melanie, que lle di que ten que seguir adiante co negocio. Ela acompañao a todas as súas viaxes ata encontrar, por fin, o producto que realmente sacaría endiante a súa empresa. 














 
Opinión persoal: Na miña opinión, é unha boa película. Gústoume moito, xa que me sorprendeu, porque non me imaxinaba que o novo negocio de Charlie fora o de vender botas para draqueens. Despois de tantos anos vendendo zapatos que duran toda a vida e para consumidores normais e correntes non resultou eficaz nestes tempos e tivo que buscar un novo oco de mercado: as botas para draqueens.
O que nos pode servir na vida grazas a esta película pode que sexan as cualidades do emprendedor, neste caso Charlie. As súas calidades como emprendedor son por exemplo: é dicisivo e arriscado, no caso de seguir adiante coa empresa a pesar de ir a piques grazas a Melanie que o axudou. Tamén é unha persoa flexible, porque segue traballando a pesar de non ser o seu produto. Tamén é paciente, no caso de que comezou tendo un cliente, Lola, e despois dun periodo de tempo tivo un gran número de clientes.
En xeral, gustoume moito a película, os actores... Foi unha boa idea vela nesta asignatura xa que poidemos ver os riscos que ten unha empresa, ser traballador, empresario...